Irimia abre unha nova etapa: aposta pola lectura pausada

12 de Abril de 2026

[Por: Rivista Irimia]




Nun ecosistema mediático acelerado, fragmentado e dominado pola lóxica da inmediatez, Irimia opta por desacelerar. A revista do Seminario de Crentes Galegos vén de publicar o seu número 1.078 inaugurando unha nova etapa: periodicidade trimestral, 32 páxinas a toda cor —36 no seguinte número— e unha tiraxe de 500 exemplares en papel.

 

A decisión non responde só a criterios organizativos ou económicos. É, sobre todo, unha toma de posición. Nun contexto no que o noticiable se consume en tempo real nas redes, Irimia reivindica o espazo do papel como territorio para a análise demorada e a reflexión con densidade. Menos números ao ano pero máis fondo.

 

A renovación inclúe tamén un cambio importante de maquetación: máis presenza da imaxe, coidado gráfico e unha capa con ilustración central que dialoga co tema principal de cada entrega. A aposta estética non é superficial: forma parte dunha vontade de facer da revista un obxecto cultural recoñecible e coidado nun tempo de consumo efémero

 

Confira o artigo.

Procesar Pago
Compartir

debugger
0
0

CONTACTO

©2017 Amerindia - Todos los derechos reservados.